Skip to main content

A cultura urbana reclama o seu sitio en Arteixo

Máis de 2000 mozos e mozas se darán cita este sábado no Festival Urbano de Arteixo, unha actividade que exalta o que os americanos deron en chamar "cultura urbana" e que se nutre de música rap e os seus derivados, deportes como o skate e o parkour ou as moi de moda "batallas de gallos" nas que prima o estilo libre e na que se mide, a ritmo de rap, o inxenio, ou non, dos contricantes.

A previsión da concellería de xuventude e participación é que as actividades, todas no campo da festa, comecen ás 12.30 h e se prolonguen ata a madrugada. 

O cartel contempla exhibicións e clases de skate, graffitti, BMX, "freestyle football"; ou o "slackline", unha disciplina deportiva na que os participantes camiñan ou fan acrobacias sobre unha cinta plana e tensa colocada entre dous puntos. 

A música tamén é protagonista coa actuación de Hiddn, Traffic House e Mrin ademáis de artistas locais. 

Os mozos poderán acceder de forma gratuita ó recinto aínda que os menores necesitarán autorización dos seus proxenitores ou titores. En todo o recinto estará prohibido o consumo de bebidas alcohólicas e fumar para os menores de idade.  

arteixo urban fest