Skip to main content

Os contacontos pechan o ano na Biblioteca Henrique Rabuñal

A Biblioteca Henrique Rabuñal apura os últimos días de 2018 para manter a súa oferta de actividades entre os máis pequenos. 

Esta semana volven os contacontos. O mércores 13 de decembro o turno é para Tótem Xestión para facer un contacontos moi divertido para a rapazada de 4 a 11 anos. A hora de presentación para actividade é ás 18.50 horas e para a mesma non é necesario anotarse.

Os aínda máis pequenos, bebés de 1 a 3 anos, teñen cita o mércores día 12 ás 18.50 h. Para esa actividade, con música; cancións e contos a cargo de Cornelia Craft,  xa había que estar anotado.