Skip to main content

Xa se coñecen os admitidos nos cursos de cociña e artesanía de Nadal

A Concellería de cultura realizou esta mañá o sorteo de prazas para os cursos de cociña creativa e artesanía de Nadal que se celebrarán durante as vacacións escolares en Meicende e Arteixo. 

As persoas admitidas deberán confirmar a asistencia mediante correo electrónico a cultura@arteixo.org. As renuncias cubriranse seguindo a orde de persoas suplentes na listaxe de agarda. O SM de Cultura porase en contacto por teléfono para cubrir as prazas vacantes.

A cociña creativa, que tanto éxito colleitou en edicións anteriores, chegará a Meicende os días 26, 27 e 28 de decembro de 11:30-13:00 h, Serán sesións de unha hora e media na que os participantes aprenderán a elaborar, entre outras cousas,  unha ensalada festiva, un paté de marisco, mini hamburguesas de pescado, roliños de salmón, mazapáns e galletas navideñas.

A Arteixo chega a Artesanía de Nadal os días 2,3 e 4 de xaneiro. Será no centro cívico de cinco a seis e media da tarde. Neste caso trátase de que os máis pequenos da casa fagan a súa propia árbore de nadal decorada con arxila xaponesa e con outros elementos naturais. Tamén aprenderán "packaging" creativo, divertidos elementos decorativos e lambetadas navideñas.