Skip to main content

Os escolares de Arteixo dispoñen de trece prazas na nova campaña de esquí da Deputación

A Deputación de A Coruña organiza a Campaña de Esquí 2019, que terá lugar na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, para nenos e nenas de toda a provincia, de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2019). Os participantes gozarán de catro días na estación invernal, ademais dos cursos de esquí.

Ao Concello de Arteixo concedéronlle 13 prazas para rapaces empadroados no municipio. Viaxarán na segunda quenda, do 1 ao 4 de febreiro de 2019. O transporte desde a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta. Terán preferencia as persoas que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.

Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  1. PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 10 de xaneiro antes das 14.00 h
    • No Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h
    • Na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
  2. SORTEO PÚBLICO. No suposto que existan máis solicitudes que prazas ofertadas (13) realizarase un sorteo público ante a Secretaria Municipal que terá lugar o venres 11 de xaneiro ás 11.00 h no salón de plenos municipal.
  3. MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes. No caso que o Concello detecta que falta algunha documentación, non será admitida: 
    • Ficha de inscrición (pendente de publicar) debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.
    • Unha foto tipo carné.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
    • Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
    • Pago da cota de inscrición (85 €) no número de conta facilitado pola Deputación e publicado na súa páxina web. Deberán entregar dito xustificante no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do martes 15 de xaneiro
  4. Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera.