Skip to main content

"Estamos diante dunha oportunidade histórica para eliminar a peaxe"

O alcalde Carlos Calvelo explica que o estudio técnico encargado polo concello incídese no impacto negativo que suporía o vial proposto por Fomento para conectar a A-6 co Porto Exterior.

O primeiro edil cre que as contas non están ben calculadas polo Ministerio ao que acusa de se enrocar xa que, nos cálculos municipais, a supresión da peaxe costaría 23 millóns de euros fronte aos 42 que suporía, como mínimo, a nova carretera proposta por Fomento.