Skip to main content

Axudas municipais á contratación ano 2016

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes segundo a convocatoria de subvencións á contratación do ano 2016 publicadas no BOP do martes 7 de xuño de 2016, dentro do Programa de Axudas Municipais ao Fomento do Emprego para o ano 2016.

O prazo de solicitude será desde o 8 de xuño ao 15 de setembro de 2016.

As solicitudes, xunto coa documentación requerida, deberá presentarse preferentemente no Rexistro de Promoción Económica e Turismo, sito no Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, Parc. 46 (Pol.Ind.Sabón).

Consultar bases da convocatoria no BOP (ver en documentos)

Documentación a aportar:

 

Relativa a Empresa

  • D.N.I. ou documentación equivalente para os extranxeiros da persoa que asina a solicitude. No caso de sociedades, poder suficiente para actuar no nome da entidade do/a representante.
  • C.I.F., escritura de constitución e inscripción no Rexistro Mercantil, no caso de persoas xurídicas.
  • Alta no Censo de Obligados Tributarios e alta no Imposto de Actividades Económicas, do solicitante.
  • Solicitude segundo o modelo do Anexo I (ver en documentos).
  • Declaración responsable segundo o modelo do Anexo II (ver en documentos).
  • Modelo de designación de conta bancaria (ver en documentos).

 

Relativa ao Traballador

  • Fotocopia compulsada do D.N.I. dos/as traballadores obxecto de contratación.
  • Informe da vida laboral actualizada do traballador con data posterior a contratación.
  • Contrato de traballo rexistrado polo Servicio Público de Emprego de Galicia.
  • Certificado de minusvalía ou xustificante de ter recoñecida unha incapacidade permanente en grao total ou gran invalidez (no caso de contratación de persoas discapacitadas).