Skip to main content

Tiro con arco e motos na axenda deportiva da fin de semana

O  pavillón de Galán acolle este sábado, desde as 13.00h e hasta as 20.00h da tarde, a segunda edición da Galicia Indoor Cup, unha competición de Tiro con Arco que organiza o Club Arc-Teixo. É un evento de caracter amistoso no que participan en torno  a uns 50 arqueiros de toda Galicia.

A fin de semana tamén teñen protagonismo as motos co II Trial social de Motomontañismo.Trátase dunha proba de trial non competitiva, tanto para nenos como para adultos. O sábado 26 de xaneiro, desde as 16.00h, serán os máis pequenos os que disfruten dun percorrido de dificultade adaptada nunha proba de Iniciación a este deporte.  O domingo desde as 9.00h, serán os maiores os que disputen a proba, que ten saida no alto da Penouqueira. os participantes estarán encadrados en 5 categorías en función dos niveis de dificultade, e deben superar 7 zonas. A finalización está prevista para as 15.00h. 

motos