Skip to main content

Axudas da Deputación da Coruña para á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial (PEL-Emprende Actividades 2019)

Obxecto:

Contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a nivel local, apoiando a realización de actividades e/ou actuacións de consultoría, titorización/mentorización e formación relacionadas coa mellora ou implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, marketing e comunicación e expansión de mercados.

Contías:

Ata un 80% do orzamento de gasto realizado, cunha cantidade mínima de 2.500 € e unha máxima de 6.000 €.

Prazo:

O prazo de solicitude será do 21 de marzo de 2019 ao día 22 de abril de 2019.