Skip to main content

Robots con LEGO para os escolares a partir dos seis anos

Lego WeDo 2.0 permite programar e construir robots inhalámbricos de 280 pezas con sensores de movemento e inclinación que permiten programar o seu comportamento de forma remota. 

A Concellería de Educación, dentro do IV Encontro de Experiencias "EducaTIC" oferta unha actividade para que os escolares, a partir dos seis anos, coñezan este sistema e poidan construir o seu propio robot. 

Será o luns 6 de maio e o martes día 7 na sala de espellos do Centro Cívico de Arteixo. De 17.30 a 19 h.

O primeiro día, 6 de maio, para a rapazada de 6 a 8 anos, abordarase a "Introducción á robótica"; mentres que o martes, día 7, os rapaces a partir de 9 anos participarán no "Reto con LegoWedo"

Hai só 15 prazas e o prazo para apuntarse finaliza o próximo 3 de maio. 

Podes acadar máis información na Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa nos teléfonos 981 64 72 94  ou 981 65 91 41. Tamén no correo electrónico educación@arteixo.org

 

Documentos: