Skip to main content

O Concello tramitou xa dez solicitudes de comunidades de veciños para a instalación de ascensores

Arteixo comeza a recibir as peticións para se beneficiar da liña de axudas municipal para instalar ascensores. Ata o momento son dez as comunidades de veciños de outros tantos edificios as que fixeron chegar á administración toda a documentación necesaria para optar a esta subvención que vai dende os 20.000 ata os 6.000 euros dependendo si se solicita un ascensor, o máis elevado presuposto; ou, por exemplo, un salvaescaleiras. 

O prazo para presentar a solicitude remata o próximo 30 de outubro e á mesma poden optar todas as comunidades de propietarios con edificios que teñan, como mínimo, baixo e dúas alturas. 

O concello outorgou en 2019 263.000 euros con cargo a esta liña de axudas dos que se beneficiaron quince comunicades veciñais.