Skip to main content

Arteixo retirou 275 niños de velutinas no que vai de ano

No que vai de ano 2019, Protección Civil xa retirou 275 niños de velutinas. 

As colonias destes insectos invasores aparecen en case todas das parroquias do concellos. Localízanse frecuentemente en árbores de gran tamaño como os eucaliptos, alisos ou castiñeiros aínda que tamén poden colonizar cornisas ou galpóns. 

O protocolo de actuación dos mebros de Protección Civil actívase, normalmente, despois do aviso dun veciño. Unha vez recibido actúase sobre a incidencia nas horas cercanas á noite. Utilízanse uns traxes especiais e un camión grúa ademáis dun compoñente químico co que se rocía o niño. Esta actuación mata a gran parte das avespas. Os membros de Protección Civil queiman finalmente o niño para que non se reproduza o enxame. 

A vespa asiática é unha especie invasora que apareceu en Galicia en 2011 e se extendiu con gran rapidez. O insecto, de gran tamaño, ataca as colmenas das abellas autóctonas e causa alarma entre a poboación dos lugares onde se atopa. 

En anos anteriores as actuacións deste tipo os 400 niños. En  2016 cando, por exemplo, os operarios municipais retiraran 374 niños.