Corte de tráfico dende o Seixedo á rotonda de Pescanova
O próximo día 26 de decembro ás 22 h cortarase o tramo da carretera AC-552 entre a rotonda de Sabón e a rotonda de Pescanova.
O corte será efectivo ata as 6 h do día 27.
Trátase das obras de asfaltado dese tramos de carretera por parte da empresa que leva a cabo os traballos de ampliación da vía que contará cun carrill máis. O obxectivo é mellorar a capacidade de entrada de vehículos en Arteixo e Sabón. O corte tamén afectará aos garaxes que teñan a súa saída nese tramo de carretera.
O tráfico desviarase, durante o corte, pola Travesía de Arteixo.