Skip to main content

A Escola de Música abre o prazo de renovación de matrícula

Desde a Concellaría de Igualdade, Servizos Socias, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula e elección instrumental para o alumnado de Básica II para o vindeiro curso  2020-2021 para as sedes de Arteixo e Meicende

Para o curso 2020/2021 os prazos do procedemento de renovación da matrícula e elección instrumental do alumnado que cursa este ano Básica II na EMMArteixo, son os seguintes: Do 23 de marzo ao 15 de abril (solicitude de renovación e elección de instrumento)

Actualmente, na escola impártense as seguintes especialidades instrumentais: acordeón, clarinete, gaita, piano, frauta traveseira, saxofón, guitarra clásica, percusión, trombón, trompeta, tuba, bombardino, trompa, violín, violoncello e viola. Ademáis destes instrumentos, pode elixirse calquera outro tendo en conta que só se abrirá grupo en caso de recibir tres ou máis solicitudes desa especialidade.

En aplicación das normas establecidas polas administracións ante a excepcional situación polo coronavirus, a entrega dos impresos de renovación cumprimentados realizarase a través do seguinte correo electrónico da Escola:   emmaarteixo@gmail.com" 

Para máis información serán atendidos no teléfono da EMMArteixo no seguinte teléfono: 671 582 787

Tamén poderán contactar coa Escola a través do enderezo electrónico indicado emmaarteixo@gmail.com

 IMPORTANTE: Poden acceder ao impreso no enlace que figura na páxina web municipal Prégase lean atentamente o contido da circular informativa (enlace na páxina web municipal)