Skip to main content

Protocolo da Escola de Música durante a crise do coronavirus

As medidas de obrigada aplicación na situación de alarma actual traen como consecuencia que se articulen fórmulas de atención ao alumnado da EMMArteixo para que a súa formación musical poida seguir con relativa normalidade.  Obxectivo é que manteñan a motivación para o traballo.
Por estas razóns, xa está funcionando a modalidade de atención ao alumnado polo docentes da Escola. Para isto, o profesorado establece obxectivos individuais de forma semanal, co envío de material e tarefas por medios telemáticos (correo electrónico,  whatsap). Cada alumna / alumno remite semanalmente o traballo realizado, complementado con vídeo para a parte de práctia instrumental, para a súa valoración e corrección polo formador. Metodoloxía feedbak que redunda na evolución de cada persoa de cara a manter ritmo de traballo.
Para as máis pequechas / os máis pequechos, o seu profesorado está adiantando e planificando o fin de curso. Toda a información faráselle chegar ás familias. Nestes niveis (iniciación I e II; básica I e II), o obxectivo é o traballo en grupo para o acercamento aos conceptos básicos da ensinanza musical. Polo tanto, a titorización individual pode manterse a nivel informativo quedando á espera de poñer a disposición das familias material.
Ademais de todas as actividades organizadas para o alumnado, o persoal da Escola de Música continúa realizando as tarefas que lles son propias no día a día para que esta pausa obrigada repercuta mínimamente en todas as persoas implicadas.
 
TAREFAS DOCENTES ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS:
⦁    Envío semanal a alumnado do traballo a realizar nas súas casas.
⦁    Recepción de vídeos semanais de traballo do alumnado. Solicitarase ao alumnado que remita semanalmente un vídeo de execución das diferentes pezas a executar. 
⦁    Programación de audicións de fin de curso.
⦁    Programación de audicións parciais 
 TAREFAS DOCENTES MÚSICA E MOVEMENTO:
⦁    Programación de actuacións que se envía á dirección semanalmente indicando propostas de obras a interpretar por cada grupo xustificando idoneidade, concreción de materiais/equipamento/medios técnicos e calquera outro aspecto salientable.
TAREFAS DOCENTES LINGUAXE MUSICAL
⦁    Envío de propostas de exercicios para 1º, 2º, 3º e 4º coa concreción de tarefas semanais.
⦁    Envío de propostas de exercicios para CPC e concretando tarefas semanais a realizar polo alumnado. Serán exercizos de repaso de contidos para afianzamento.
TAREFAS DOCENTES ACTIVIDADES DE CONXUNTO
⦁    Programación de actuacións con  proposta de obras a interpretar por cada agrupación concretando materiais/equipamentos/medios técnicos necesarios en cada unha das actuacións.
⦁    Preparación dos diferentes arranxos para cada persoa integrante da agrupación.
TAREFAS DO EQUIPO DIRECTIVO:
⦁    Coordinación de todo o proceso de atención ao alumnado.
⦁    Planificacións derivadas dos cambios necesarios incorporados.
⦁    Atención telemática e telefónica das persoas que o demanden.
IMPORTANTE: o procedemento de renovación sigue con normalidade poñendo ao servizo das persoas interesadas a atención a través de correo electrónico para tramitacións que correspondan e asesoramento necesario.

+ Información:
  671 58 27 87
   emmaarteixo@gmail.com

educacion@arteixo.org