Skip to main content

As actividades extraescolares múndanse a internet

A Concellaría de Igualdae, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa que mentras dure a suspensión das clases e das actividades extraescolares debido á pandemia ocasionada polo  COVID-19, o alumnado matriculado en calquera actividade extraescolar organizada polo Concello de Arteixo nos centros educativos do seu termo municipal, poderá continuar coa realización telemática das actividades. Para tal fin habilitouse a conta de Instagran @extraescolaresconcelloarteixo.

Desde aí o monitorado comparte co seu alumnado tutoriais e vídeos das actividades.

De luns a domingo, o monitorado conectarase en directo ás 17:00 horas da tarde con todo o alumnado a través da conta de Instagran @extraescolaresconcelloarteixo para a realización de actividades moi variadas.

Para esta semana as actividades programadas son:

  • Martes 31 marzo: Baile Educación Infantil
  • Mércores 1 abril: Artesanía e manualidades
  • Xoves 2 abril: Baile Educación Primaria
  • Venres 3 abril: Música
  • Sábado 4: Baile en familia
  • Domingo 5: Ximnasia en familia