Skip to main content

A Policía Local colabora co Ministerio do Interior no reparto de mascarillas

A Policía Local colabora co Ministerio do Interior no reparto de 2.000 mascarillas das 6.000 que o Goberno Central fixo chegar a Arteixo. Outras 4.000 son repartidas pola Garda Civil. 

Na mañá de hoxe os axentes de Arteixo xa repartiron 552 entre os traballadores que utilizan o transporte público. As mascarillas entréganse nas paradas próximas aos grandes centros de traballo como o Polígono de Sabón e o Petón en Meicende. 

Maña proseguirá o reparto nas mesmas zonas.