Skip to main content

Arteixo facilita unha guía de recomendacións para a xestión dos residuos nas industrias

O Concello de Arteixo facilita, a través da concellería de promoción económica,sendas guías, editadas pola Xunta de Galicia na que se establecen unha serie de medidas de seguridade para o tratamento dos residuos industriais durante a crise sanitaria do COVID-19

O documento establece unha serie de normas claras para o tratamento dos residuos; a actuación da empresa diante dun traballador con posibles síntomas ou accións recomendables para os traballadores antes, durante e unha vez rematada a xornada laboral .