Skip to main content

Listaxe de admitidos nos cursos de verán de surf

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf, como resultado do sorteo público celebrado o 25 de xuño de 2020 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a "B".


As persoas admitidas terán do 29 de xuño ao 2 de xullo para formalizar a matrícula de cada actividade. É obrigatorio confirmar a praza por correo electrónico. Nese intre remitirase o recibo de pago bancario, debendo entregar o xustificante de pagamento, no Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou na dirección deportes@arteixo.org. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 6 de xullo, nun máximo de dous grupos en total por persoa.


Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online), unha vez se dispoña do recibo correspondente.
 

Documentos: