Skip to main content

As actividades sociais chegarán este ano a preto de 400 participantes

Bailes de salón, bolillos, canto, costura ou danzas do mundo. As actividades sociais do programa "Cultiva o teu lecer" chegarán este ano a preto de 400 usuarios de Arteixo. 

A cifra cumpre as expectativas do departamento municipal que, debido á crise sanitaria, reduciu nun 50% o número de prazas ofertadas. 

O programa desenvólvese en todas as parroquias. Consolidáronse 15 modalidades diferentes de actividades, coa posibilidade de elixir desde arte floral ata sevillanas, pasando por restauración, pintura, pandeireta, manualidades, labores, hip- hop, expresión teatral, estimulación articular, danzas do mundo, canto grupal, palillos, bailes de salón, e baile moderno.

En base á orde publicada no DOGA pola Consellería de Sanidade o pasado 28 de agosto de 2020 como consecuencia da evolución da situación derivada do COVID19, comunícase que o periodo de pagamento das actividades sociais do curso 2020-21, queda aprazado ata que se dean as condicións sanitarias que garantan unha práctica segura e as autoridades sanitarias o autoricen.

 

Documentos: