Skip to main content

Reapertura de bibliotecas municipais

O próximo 21 de setembro retoman  súa actividade as bibliotecas do Concello que aínda permanecen pechadas. As de Arteixo e Meicende foron as primeiras en abrir tra-lo confinamento. 

As  bibliotecas de Pastoriza “Miguel Sande”; Oseiro “Dora Vázquez”; e a de O Froxel “Francisco A. Vidal” súmanse a elas a partir do luns día 21 de luns a venres de 16.30 a 20 horas.

As medidas de seguridade seguirán a ser a tónica polo que o aforo está limitado e será necesario concertar cita previa. Tamén será obrigatorio o uso de máscaras e lavado de mans con xel hidroalcólico.

Toda a información relativa ás bibliotecas do concello pódese consultar no blog Palabra de Biblioteca