Skip to main content

As Redes Sociais do Concello contra a violencia de xénero

As Redes Sociais Municipais, como cada ano, súmanse a loita contra a violencia de xénero cunha campaña especial que se desenvolverá entre o 17 e o 17 de Novembro próximos.

Os Facebbok, twitter e instagram municipais participan activamente todo o ano nas campañas que pon en marcha o CiM e faise máis evidente coa chegada de novembro cando se conmemora, o día 25, o Día Internacional contra a violencia de xénero. 

O facebook será o fío conductor desta campaña coa posta en marcha dunha iniciativa na que os usuarios poderán enviar, cada día, unha fotografía que represente distintos tipos de violencia con un lema para o seu rexeitamento.

Poden enviar as fotografías ao messenger da páxina de facebook ou ao correo redes@arteixo.org

Todas as fotos publicadas, ao menos unha cada día, terán premio que os usuarios deberán de ir a recoller ao centro de información ás mulleres. 

A campaña complétase, como cada ano, con unha lista musical, que diariamente se visualiza en Facebook e tamén ten se pode seguir en spotify, con temas de todos os estilos, contra a violencia machista.