Skip to main content

O CIM atendiu no que vai de 2020 a 44 mulleres que acodiron por vez primeira por un problema de violencia de xénero

O concello de Arteixo impulsará, a partir desta semana, un programa de actos con motivo da celebración do 25-N, día da eliminación da violencia contra as mulleres.

Adaptándose á actual situación no uso de espazos públicos e co obxetivo de darlle o protagonismo á sociedade e ás mulleres de Arteixo, o concello  articula unha campaña que busca a colaboración da veciñanza a través das redes sociais. O concello quere poñer o foco na violencia psicolóxica que antecede e acompaña á física, a través do control, das desvaloración, dos desprezos e insultos... Esta é moi frecuente e pode durar anos causando sufrimento e grandes  danos na saúde e no benestar das vítimas.

Con este obxectivo, o concello presentará “ ELAS NO CENTRO”, un estreo desta peza documental que se distribuirá a través de redes sociais. Tamén iniciará unha campaña de sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero no concello de Arteixo. Os obxectivos desta actuación son:  Concienciar sobre a necesidade da corresponsabilidade doméstica e nos coidados; aumentar a concienciación social sobre  a dimensión das violencias contra as mulleres fomentando a implicación individual e colectiva na loita contra a súas erradicación; e fomentar o apoderamento individual e colectivo das mulleres.

Outra das iniciativas será unha diagnose  sobre o impacto da crise sanitaria covid-19 e as súas consecuencias na vida das mulleres de Arteixo. Nesta iniciativa 14 mulleres de media de idade de 50 anos de diferentes sectores participarán nun video que describa situacións concretas sobre este tema.

Outra das iniciativas será promover a participación con fotografías e imaxes nas redes sociais do concello dende hoxe ata o 27 de novembro. Solicitarase a participación social co envío de fotos en contra da violencia que poden conter lemas ou imaxes alusivas a todo tipo de violencias que sofren as mulleres. Debido a situación Covid  non se poderá realizar a  tradicional Andaina que se facía tódolos anos, pero si faremos entrega do chuvasqueiro conmemorativo a todas as persoas participantes  no envío de imaxes e fotografías as redes do concello.

 

Paralelamente, o concello desenrolará estes días unha campaña de prevención e sensibilización en igualdade e violencia de xénero nos centros educativos

 

Aumento da violencia no confinamento

O Centro de Información ás Mulleres do concello de Arteixo atende arredor de 1.500 citas anuais.

No recente período que vai de marzo a setembro de 2020, coincidindo co estado de alarma, duplicáronse o número de casos novos de vítimas de violencia de xénero respecto ó mesmo periodo do ano anterior (2019): pasaron de 16 a 34. No ano 2020, o CIM de Arteixo atendeu (actualizados a 16 nov 2020) en total 44 casos.

Desde o mesmo momento no que se levantou o confinamento no CIM fíxose atención presencial, que antes era telemática e presencial para casos que así o fixeron necesario.

A maioría dos casos de violencia chegaron a través de derivacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FCSE)  e foron estas derivacións as que máis aumentaron ( de 5 no 2019  a 13 no 2020).

Outras tantas chegan directamente  pedindo cita telefónicamente e a través da información que o concello difunde nas redes sociais. Durante o confinamento tamén se usou a mensaxería de forma frecuente ( whatsapp)

Durante este período aumentou especialmente a violencia económica, que se ben ocorre xunto coa psicolóxica e moitas veces a física, neste ano tivo especial presenza, polo que se tramitaron e prestaron moitas máis axudas de tipo económico e asistencial. O asesoramento xurídico nunha situación tan excepcional triplicouse.

 

Datos sobre as vítimas

Respecto aos fillos/as de mulleres vítimas, o número elévase ata o momento a 62, dos cales 44 son menores de idade, o que supón un 71% do total.

No que vai de ano 2020, das 44 mulleres atendidas por primeira vez por unha problemática de violencia de xénero, 7 delas non presentaron denuncia, un 16% do total. Un 43% delas acudiron ao servizo por iniciativa propia, seguido dun 32% que chegaron a través de derivación da Garda Civil. O resto dos casos chegaron a través de derivacións dos Servicios Sociais municipais, familiares, amizades, ONG, 016 e/ou abogados/as.

Do total dos casos novos, un 79,5% mantiñan unha relación matrimonial ou de parella de feito co agresor, habendo polo tanto un 20,5% de agresores que maltrataron ás súas parellas logo da rotura da relación.

 

 

ATENCIÓN ESPECÍFICA EN VIOLENCIA DE XÉNERO EN ARTEIXO:

 

  1. ATENPRO: no que vai de ano leváronse a cabo 5 altas. Actualmente teñen este dispositivo 11 mulleres. Desde o ano 2005 que se asinou o convenio, un total de 131 mulleres dispuxeron do teléfono de Cruz Vermella para situacións de emerxencia.
  2. de inserción laboral: neste momento hai 7 mulleres incorporadas neste programa financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e impartido pola ONG Ecos do Sur.
  1. de emerxencia municipal: ao largo do ano 2020 destináronse un total de 16.279,80€  a axudas económicas de emerxencia municipal de Arteixo desde o CIM. Foron destinadas basicamente a axudas de alimentación durante o estado de alarma.
  1. de Coordinación Policial: nestas reunión participan habitualmente, ademais do CIM, as FCSE e unha das educadoras municipais. No ano 2020, derivado do contexto da pandemia, tiveron lugar ata o  momento 5 reunións.  Cos últimos datos facilitados pola Garda Civil para a MCP do mes de novembro, hai en Arteixo 1 caso en risco alto, 9 casos en risco medio, 34 en risco baixo e outros 34 en nivel de risco non apreciado, o que supón un total de 78 casos con seguimento policial e social pola situación de violencia de xénero. Estes datos son variables dun mes para outro. Nestas reunións revísase cada un dos casos e as novidades desde a última reunión (indicadores de risco por parte do agresor, cambios de enderezo, teléfono, etc.)