Skip to main content

Xa está dispoñible para descarregar o calendario municipal 2021

O calendario municipal comenzará a se distribuir esta semana despois de ter sido elaborado coas fotografías que se seleccionarion a través do concurso que puxo en marcha a concellería de Promoción Económica e ao que se presentaron máis de 500 instantáneas. O tema principal era "o meu rincón favorito de Arteixo". 

Foron un total de 1700 euros en premios para os 12 autores das 12 fotografías seleccionadas que ilustrarán cada un dos meses de 2021. 

Patricia Amado, concelleira de Promoción Económica, sinala que esta iniciativa "realízase coa firme vontade de facer máis participativa a elaboración do calendario". 

A elaboración do novo calendario complementa a forma habitual de facelo en papel cos novos soportes dixitales. De este xeito gáñase en difusión, ecoloxía e sostenibilidade gracias a uhna forma máis racional e innovadora de facer as cousas.

Xa podes descarregalo de forma gratuita neste enlace