Skip to main content

Axudas de libros e material didáctico 2020/2021

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 1 (AXUDAS LIBROS E MATRIAL DIDÁCTICO) curso 2020/2021, aprobadas en Xunta de Goberno Local o 17 de decembro de 2020.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do anuncio da publicación no Boletín Oficial da Provincia perante o mesmo órgano que o ditou. Para a resolución do recurso tense o prazo dun mes contado desde o día seguinte á interposición. Se transcorrido ese prazo non se ten notificada a resolución, entenderase desestimado o recurso por silencio administrativo. A data límite de presentación de recursos é o 24 de xaneiro de 2021.

A publicación realízase ao abeiro do regulado pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de “Protección de Datos de Carácter Personal y Garantía de los Derechos Digitales (LOPDGDD)” sobre a fixación de regras sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións sobre actos administrativos.

 Establécese pola AEPD que para garantir a protección fronte á divulgación dos documentos identificativos, recoméndase que a publicación dos datos persoais se realice da seguinte forma:

  • No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
  • No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*).

IMPORTANTE

 Para consulta de datos poden realizalo a través do correo electrónico (educacion@arteixo.org) indicando DNI ou NIF da persoa solicitante da axuda e nome e apelidos da menor / do menor para o que se solicitou dita axuda.

 

Documentos: