Skip to main content

O Concello facilita unha alegación tipo para que os veciños podan presentala contra o trazado eléctrico entre Monteaudo e Morás

O Concello pon a disposición da cidadanía unha alegación tipo para que podan utilizala os máis de 400 afectados, ou calquera outro veciño, en contra do novo tendido eléctrico, de 13,6 km proxectado entre Monteagudo y Morás.

Pódese presentar esta alegación ata o 5 de febreiro diante da Xunta de Galicia. 

Carlos Calvelo advirte dos perxuízos medioambientais que supón a construcción dun tendido con 47 torres eléctricas, sobre todo ao atravesar varios entornos de gran importancia natural e paisaxística na zona sur do municipuio.

O alcalde sinala no seu escrito presentado como alegación, xa no trámite de exposición pública, que “o trazado proposto no proxecto atravesa 13.600 metros no territorio de Arteixo, por tanto en Reserva da Biosfera, afectando de cheo á paisaxe, medio ambiente e sustentabilidade deste amplio territorio, afectando de forma crítica e irreversible ás unidades de paisaxe que recoñece o POL de Xermaña, Sorrizo, Barrañán, Vales de Barrañán, Lañas, Rego dás Pontellas e Val do río Arteixo ( Bolaños). Así mesmo, impacta notablemente no val de Loureda que corta transversal e lonxitudinalmente, en case 3 quilómetros”..

No seu escrito tamén sinala o primeiro edil que se pode acadar o mesmo obxectivo con menor perxuízos e espera que se acepten as súas alegacións e se busque outra solución técnica para transportar a electricidade de este parque eólico.

Documentos: