Skip to main content

Reapertura das bibliotecas municipais

As bibliotecas municipais retoman mañá 18 de febreiro o seu servizo habitual presencial con cita previa e nos horarios de inverno vixetes agás na Biblioteca Central que polas tardes, ata novo aviso, será de 17 a 19.30 horas.

Para acudir ás bibliotecas, é obrigatorio levar máscara e, para acceder aos fondos, lavar as mans con xel hidroalcólico que vos facilitaremos. Tamén é necesario identificarse para levar un control obrigatorio das visitas.

As actividades,continuarán sendo en setraming como nos meses de novembro e decembro pasados.

Opac Web SophiA segue sendo a ferramenta para a reserva de documentos. 

Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” 981 659108.

Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez” 981 601945.

Biblioteca de Meicende “Antón Castro” 981 274027.

Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” 981 601574.

Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande” 981 644233.