Skip to main content

Prazo para a renovación de matrícula na Escola de Música para o curso próximo

Dende a Concellaría de Igualdade, Servizos Socias, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2021-2022 nas sedes de Arteixo e Meicende.

Os prazos son os seguintes:

Do 1 ao 15 de marzo (prazo de renovación de matrícula do actual alumnado, agás o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos).

Do 22 de marzo ao 14 de abril (exposición das listaxes de renovación e posibles reclamacións).

Para máis información serán atendidos:

  • No seguinte teléfono da EMMArteixo: 671 582 787
  • No enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

 IMPORTANTE: Poden acceder a información xeral e aos impresos nos adxuntos.

emma