Skip to main content

Procedemento de admisión de alumnado nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria para o curso 2021-2022

A concellaría de Educación da a coñecer os prazos e requisitos do procedemento de admisión de alumnado nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria para o curso 2021-2022

O prazo permanecerá aberto entre os días 1 e 22 de marzo. 

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.