Skip to main content

O Servizo Municipal de Participación Cidadá organiza un Obradoiro sobre a Administración Electrónica

  • Organiza: Departamento de Participación Cidadá
  • Datas de celebración: 16,22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio
  • Horario: de 18:30h a 20:30 h
  • Prezo: 5 €
  • Inscrición e información:
    • De xeito presencial no Departamento de Participación Cidadá ( sito nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes )con cita previa.  981659180
    • A través do correo electrónico participacion.cidada@arteixo.org
    • En caso de ser necesario realizarase sorteo público o martes, 13 de abril as 14 h. no Salón de Plenos do Concello.

 

Procedemento de inscrición: inscrición directa desde o 5 ata o 9 de abril . O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Departamento de Participación Cidadá  ( Oficinas de Deportes ) con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ( Departamento de Participación Cidadá  ) con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección xuventude@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Departamento de Xuventude  detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.