Skip to main content

Axenda cultural semanal

Mañá venres 9 de abril contaremos no Auditorio de Arteixo coa presenza da compañía pontevedresa, Baobab Teatro, cun espectáculo interpretado por dúas mulleres (Iria Piñeiro e Ailén Kendelman) que nos farán sentir todo tipo de emocións, risas, tenrura, maxia, acollemento, intriga... pero sobre todo, dun momento marabilloso en familia.  Ris Ras é un espectáculo pensado para enredar, rir e bailar, un espectáculo musical e teatral para as/os máis pequenas/os da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.

A actuación ás 19:00 h será con entrada (3 e 2,25 €) que se poderá mercar o propio día da función de 11:30-13:30 h e 2 h antes do seu comezo na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala.

ris ras