Skip to main content

Máis de 1000 personas participaron nas actividades de promoción dinamización social do concello

A Concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos, acompañada dos concelleiros de Actividades Sociais, Centros e Maiores, Fina Zas; e de Seguridade e Persoal, José María Sánchez Novo; entregaron onte os diplomas correspondentes á participación, durante o curso 2016/2017, nas distintas actividades de promoción e dinamización social.

Foron 14 modalidades distintas, dende hip-hop ata Restauración, Arte Floral ou Manualidades, que conformaron nas distintas parroquias a un total de 63 grupos que acolleron a 1100 participantes.

O Concello adicou á organización destas actividades preto de 120.000 euros.