Skip to main content

A Orquestra Sinfónica de Galicia en Arteixo

Arteixo recibirá por primeira vez a visita da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dentro dunha xira promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña co obxectivo de descentralizar a excelencia artística da agrupación facéndoa chegar á veciñanza dos diferentes municipios da provincia.

A entrada será con invitación que se poderán recoller dende o 19 de xuño na conserxería do CCC de Arteixo.

Será o mércores 28 de xuño no Auditorio do CCC de Arteixo ás 20:30 h baixo a dirección de Aaron Zapico e cun programa integramente dedicado á musica
do barroco, con obras de Bach, Telemann e o español Vicente Basset.

Aaron Zapico é recoñecido como un dos directores que con máis forza irrompeu nos últimos anos na escena da música antiga en España pola súa interpretación elegante, plástica e de dinámicas variadas e cheas de matices. Nesta ocasión asiste como director convidado por parte da OSG,
unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España que destaca pola súa presencia nacional e internacional actuando nas mellores
salas e con varias xiras por Alemaña e Austria.

Orquesta Sinfónica de Galicia