Skip to main content

Suevos volve a render homenaxe a Marina Álvarez

O Porto de Suevos acolle o sábado 15 de xullo unha nova edición da tradicional Travesía a Nado que organiza o Club Natación Arteixo en colaboración co servizo municipal de deportes. 

A proba, consolidada no calendario galego, forma parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros.

A organización, que mantén aberto o prazo de inscrición, espera superar o número de participantes de edicións pasadas e agardan nadadores chegados de toda Galicia e de distintos puntos de España.

A cita serve para inaugurar o Circuíto Galego de Augas Abertas o que atraerá a figuras importantes neste tipo de eventos.

Travesía a Nado

Para inscribirse hai que facelo na páxina de Prueba-t 

 Haberá  trofeos para os tres primeiros de cada categoría, e agasallos para todos os participantes. A festa rematará cunha gran paella para todos aqueles que o avisen con antelación.