Skip to main content

Preto de 4000 escolares participarán no programa "Educatízate"

O concello de Arteixo, a través da concellería de Educación que dirixe Celina Varela, mantén aberto en setembro o periodo de inscripción para participar nos seus dous grandes programas educativos nos que participarán 3900 escolares de todo o municipio. 

Trátase  dos programas Educatízate e Concilia,que supoñen un investimento anual de 275.000 euros. 

O programa Educatízate inclúe as denominadas Luditardes, onde nenas e nenos do segundo ciclo de Educación Infantil y Educación Primaria participan en actividades relacionadas coa creación de hortos, experimentos coa auga, relatos científicos, ou formas de evitar a contaminación. Será na Aula da Natureza situada na Travesía de Arteixo e a preinscripción estará aberta ata o 28 de setembro.

Xogando a medrar é outra das iniciativas deste programa. O seu obxectivo é favorecer as capacidades dos menores para coñecer o seu corpo, o seu entorno familiar ou social e adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais; e desenvolver as súas capacidades afectivas.  A preinscripción está aberta ata o 28 de setembro.

concello realiza así unha oferta de actividades para cada o nivel educativo de todos os centros escolares do término municipal. Deste xeito un total de 12 centros teñen a opción a participar en calquera das propostas que se plantexan para desenvolver dentro do centro ou fóra a través das saídas. Para executar no horario escolar dentro das aulas, a oferta inclúe: 

  • OBRADOIROS DE TRADICIÓNS: Neles desenvolveronse aspectos relativos ós patróns culturais que as xeracións heredan das anteriores, entendidas como tales os valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística características dunha comunidade transmitidos por vía oral.
  • PROXECTO TOPONIMIA. Mediante ortofotos presentadas en paneis móbiles que serán subministrados por parte do Concello, o profesorado que así o desexe, poderá traballar a toponimia do termo municipal.
  • OBRADOIROS “CONCIÉNCIATE”: o obxectivo é que os participantes adquiran noción e dimensión da importancia do seu propio coidado físico e, ademais, que se fagan conscientes da importancia da cooperación social para que o seu entorno sexa mellor.
  • OBRADOIROS “DIFERENTES PERO IGUAIS”: incídese na importancia de entender a diferencia como un feito normal para evitar a discriminación. Neste bloque plantéxase o obradoiro “SINTO” como unha xornada práctica onde se experimente sobre as circunstancias da discapacidade.
  • OBRADOIROS AMBIENTAIS: actividades grupais que incidan na importancia do respeto ó medioambiente a través de propostas como “día da árbore”, certamen de pintura ambiental e “auga, fonte de vida”.
  • OBRADOIROS DE PREVENCIÓN E SEGURIDADE no que se aborda a Educación Vial, primeiros auxilios, simulacros e primeiros auxilios
  • OBRADOIROS “OS NOSOS MAIORES” desenvolto por un grupo de voluntarios de maiores que lles contan aos máis pequenos a súa experiencia a través de contacontos, explicación dos xogos da súa infancia, como era a escola de antes e a emigración que tiña lugar na súa época.

 

Educatízate

A Concellería de Educación dispón tamén para este curso do programa Saímos a coñecer mundo no que se ofertan saídas fóra do centro en roteiros temáticos, dende o roteiro industrial, ó de servizos públicos con visitas ó concello; ou o roteiro ambiental con visitas organizadas á Fraga de Sisalde, Encoro de Meicende, Litoral arteixán, área recreativa de Barreiros ou Paseo Fluvial.

O programa Educatízate presta especial atención ademáis á educación sexual e afectiva xa que representa un aspecto de gran importancia na formación integral das persoas.

O programa aborda  non só o coñecemento biolóxico, senón tamén as relacións e a identidade de xénero. A información proporcionada ao alumnado nestes talleres será rigurosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, afectividade e pracer.