Skip to main content

A pintura e escultura de Manuel Lubián enche de color o centro cívico de Arteixo

Manuel Lubián destaca polas súas obras escultóricas en madeiras, tanto de pequeno como de gran formato. Foi finalista en “Arte no Morrazo-XX colectiva internacional de pintura e escultura” e gañador do “Premio adquisición IX certame Antón Fraguas”.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 24 de novembro, preséntanos dúas partes: unha policromada e outra sen policromar, creando pezas únicas e innovadoras nas que se fusiona a técnica da cor coa beleza natural da madeira.

A exposición pódese visitar de luns a venres, polas mañás, de10:30 h a 14:00 h e polas tardes de 16:30 h a 20:00 h. Na fin de semana só os sábados, entre as 10:30 h e as 14:00 h

Manuel Lubián