Skip to main content

Porto de Sorrizo

Porto de Sorrizo

                                                                                      loc 43º 18’ 44’’N  8º 34’ 8’’ W       Localización Ver Mapa

Na parroquia arteixá de San Pedro de Sorrizo sitúanse varios portos naturais coma o Porto da Bendición, o Porto dos Cabalos o Porto de Seixelo e o máis grande de todos é o Porto de Sorrizo. Un recanto natural, onde se pode observar unha praia fósil e nas súas tranquilas augas pódese tomar o baño sen risco. É frecuentado polos afeccionados á pesca, tanto con lanchas, pesca submariña ou con caña. Trátase dun recanto onde a tranquilidade é a raíña.