Skip to main content

A costa de Arteixo protagoniza o novo calendario municipal

O calendario galego municipal alcanza en 2018 a súa décimo novena edición e faino baixo o título de "Recunchos costeiros". 

As doce follas do almanaque recollen, con fotografía e un breve texto, sitios singulares e interesantes para descubrir, e fai alusión á microtoponimia do litoral, aspectos xeolóxicos e outras curiosidades así coma unha ampla visión fotográfica do litoral do Concello de Arteixo.

O calendario, xa dispoñible, pódese recoller na Oficina de Información, situada na Avenida de Fisterra.

calendario 2018

 

Documentos: