Skip to main content

Deportes propón "trial social" para a fin de semana

O Servizo municipal de deportes organiza, xunto co Club Montañismo Arteixo a primeira edición do Trial Social co que o clube pretende conmemorar o decimoquinto aniversario do seu nacemento. 

O Trial Social é unha proba non competitiva que se desenvolverá nas inmediacións do campo da Poza, na Penouqueira.

Os participantes, que non precisan licencia federativa,  deberán superar 8 zonas que están deseñadas e marcadas para 5 categorías con distintas dificultades. 

Trial