Skip to main content

Repsol e o Concello melloran a formación dos axentes de seguridade

Repsol e o Concello de Arteixo finalizan as acccións formativas que acordaron desenvolver merced a un convenio de colaboración coa refinería Repsol de A Coruña.

O acordo serviu para que os axentes da policía local e membros de protección civil recibisen un curso, de 120 horas de duración, para actuar en emerxencias en grandes eventos como festas ou actividades deportivas de gran concorrencia. O curso tamén tivo apartados para o uso de desfibriladores automáticos; intervención en entornos portuarios; rescate en altura e defensa persoal.