Skip to main content

Baiuca, Freán e Pastoriza acollen novas edicións dos cursos de informática para adultos

Dous cursos de iniciación e tres de perfeccionamento distribuidos en tres sedes distintas. O Departamento de xuventude e participación cidadá continúa cos habituais cursos de informática que, cada ano, pretenden achegar as novas tecnoloxías a todas as idades e contribuir ó estreitamento da chamada "brecha dixital". 

Os cursos, para empadroados en Arteixo que non teñan realizado ningún ata o de agora, comezarán o 5 de marzo e teñen un custo de 15 euros que os inscritos deberán de formalizar os días 27, 27 e 28 de febreiro. No caso de superárense o número de prazas que se ofrecen realizarase un sorteo público no Salón de Plenos da Casa do Concello,  o 23 de febreiro  ás 9:00 h.

Os inscritos teñen os días 27 e 28 de febreiro para recoller os recibos de pago en horario de 9 a 14 h.  

Informática

 

Documentos: