A dieta como parte do teu adestramento
Claves, consellos e receitas para mellorar a saúde e o rendemento deportivo a través da dieta.
A nutrición deportiva, cada vez máis en auxe, é unha rama especializada que se aplica ás persoas que practican deporte ou, tamén nos últimos anos, como vía para mellorar a saúde en xeral.
Dependendo dos obxectivos que persigamos a nutrición fai fincapé nun ou outro alimento. Así, un culturista dará máis importancia ós alimentos proteicos que favorezan a hipertrofia muscular; e un ciclista se decantará pola inxesta de glúcidos que favorecen o esforzo enerxético prolongado.
A actividade terá lugar o próximo sábado 24 de marzo en Meicende. É gratuita e para o prazo para se inscribir é do 14 ó 20 de marzo. Hai 15 prazas que, si se superan, se asignarán por sorteo.