Skip to main content

O Camiño portugués súmase ó programa de sendeirismo do servizo municipal de deportes

O Servizo Municipal de Deportes presenta o programa de rutas de sendeirismo deste ano 2018. Ofértase o Camiño de Santiago Portugués desde Nigrán:
 

etapas

 

Procedemento de inscrición:

  • Poderanse formalizar as inscricións a partires do 26 de marzo nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente ou por mail na dirección deportes@arteixo.org.
  • Inscrición directa por orde de solicitude, con preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público (unha vez emitida a carta de pagamento polo Servizo Municipal de Deportes) nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

Prezo Público:

  • Maiores de idade: 15 € por etapa
  • Menores de idade: 10 € por etapa
  • O prezo inclúe transporte, picnic e seguro

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
  • Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.