Skip to main content

Campionato de España de parellas e patinaxe artística e danza

A pasada fin de semana  celebrouse en Alhaurín de la Torre, Málaga, o II Campionato de España de Parellas de Patinaxe Artística e Danza. Á cita acudiron patinadores procedentes de 9 comunidades autónomas. Unha das parellas que representaba a Galicia era a formada por Carla Estraviz e Ángel Lorenzo pertencentes ao Club Fervello de Arteixo. Os dous xóvenes que posuen actualmente o título de Campións Galegos, foron quen de subir ao podio e ocupar un terceiro posto na categoría de parellas danza infantil.