Skip to main content

Fútbol, natación e xadrez no cartel deportivo da fin de semana

Unhas cen persoas participarán nunha nova edición do torneo de xadrez que organiza o club Xadrez Arteixo. Será o sábado 2 de xuño no Pazo dos Deportes en horario de 16.15h a 20.15h. 

xadrez

O Club Atlético Arteixo, pola súa banda, continúa a celebrar os seus torneos de fútbol dirixidos aos máis pequenos. Nesta ocasión terán lugar as competicións de categoría Benxamín e Alevín. Será nos campos de fútbol situados na zona deportiva na Avda Arsenio Iglesias. O sábado en categoría benxamín, entre as 10 e as 18.30 h; e o domingo, en categoría alevín no mesmo horario. 

atlético arteixo



Coa finalización da tempada de natación escolar, na que diversos ecolares do municipio toman parte durante todo o ano, faise un acto de clausura que terá lugar na piscina municipal. Este acto de clausura terá lugar en dúas quendas, de 16.45h a 17.30h para os centros de Galán e Meicende, e de 17.30h a 18.15h será a quenda para os alumnos dos centros escolares de Arteixo.