Pasar al contenido principal

Os primeiros cento noventa contedores chegan a Oseiro

Oseiro ten 190 novos contedores. É a primeira parroquia en se sumar á nova forma de recollida, separación e tratamento do lixo municipais e que supón que Arteixo se converte no primeiro concello galego en se adaptar á normativa europea sobre separación de residuos. Trátase, como adiantara o alcalde Carlos Calvelo, dun "plan de residuos para os cidadáns". 

A sustitución dos contedores continúa esta madrugada nos núcleos de Pastoriza e Meicende mentres que en Arteixo o cambio se producirá na madrugada do martes e mércores. O xoves se rematará o proceso instalando os novos colectores nas zonas rurais. O cambio lévase a cabo pola noite para evitar así molestias no tráfico e aos veciños. 

O un de agosto o servizo de recollida de residuos pasará a ser público o que suporá un abaratamento do recibo que, segundo aprobara o pleno municipal, pasará a ser de 98,00 € ao ano fronte ós 125,84 € que cobraba o Consorcio de As Mariñas.