Un outono máis no que "Ler conta moito"
A "Radiocontada" de Lucía Abarrategui abre o próximo 25 de setembro en O Froxel unha nova campaña de animación á lectura que chegará, ata finais de outubro, a cada unha das salas que integran a Rede de Bibliotecas Municipais.
O programa "Ler Conta Moito" , que poñen en marcha a Xunta de Galicia e as diferentes bibliotecas dependentes dos concellos de Galicia, chega a Arteixo para animar o outono nas bibliotecas de Oseiro, Meicende, Pastoriza, O Froxel e Arteixo.
As actividades, que inclúen obradoiros, maxia, ilustración, teatro, ou poesía, diríxense á rapazada de 4 a 11 anos e serán desenvolvidas por profesionais dos obradoiros como Isabel Herrero, Ramón Torrente, Olga Abad ou Elizabeth Hillerod; contacontos como Julio Varela, Marisa Irimia ou Xarope Tulú; e do teatro e a música como Ernesto Suárez.
Para máis información chamade ao teléfono 981 659108 ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.
