Pasar al contenido principal

Novos equipos para a liga de fútbol sala

Publícase a relación de equipos renovados para a tempada 2018/2019 na liga municipal de fútbol sala do Concello de Arteixo. Desde o servizo municipal de deportes infórmase que, segundo as renovacións dos equipos participantes na tempada pasada, quedan libres as seguinte prazas:

  • Categoría sénior: 4 vacantes
  • Categoría de veteranos: 1 vacante

Lembramos que sorteo público para a asignación de prazas vacantes, terá lugar o vindeiro luns 24 de setembro ás 11.00 h no Salón de Plenos Municipal.

Asímesmo o prazo para formalizar a matrícula abrangue do 25 de setembro ata o 5 de outubro, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

Máis información aquí