Pasar al contenido principal

"Deseñando o teu futuro" achega o funcionamento de varias empresas a trinta mozos

A concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, clausura o proxecto "Deseñando o teu futuro" co que se pretende que os mozos realicen proxectos en empresas  e deste xeito poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional.

Trinta mozos participaron nesta iniciativa á que o concello invitou aos centros educativos de ESO. Participaron no mesmo alumnos dos  IES Manuel Murguía, IES Pastoriza e co CPR Agarimo. Dende cada un destes centros realizaron unha proposta de derivación de menores que encaixarían no proxecto priorizando menores que precisaran dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos.

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías en empresas como Be one; a escola infantil municipal, Protección Civil de Arteixo e outras de sectores tan variados como a perruquería, o estilismo, a hostaleiría, a fotografía, a informática ou a construcción. 

O obxectivo é apoiar a formación da mocidade de Arteixo para que adquira coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e a súa futura formación, facilitando un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno, e facilitar a aproximación de mozos e mozas de 14 a 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías e visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas , e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

deseñando o teu futuro