Pasar al contenido principal

O mantenemento dos parques costará máis de 100.000 euros

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Víctor Merelas, saca a licitación, por un importe de 137.000 euros, o contrato para o mantenemento, reparación e xestión da seguirdade das 51 áreas de xogos infantís e 18 áreas biosaudables do municipio.

O executivo local xa realizou unha análise dos parques infantís co obxectivo de elaborar un plan director que contempla todas as necesidades destas infraestructuras. Deste xeito abordouse o cambio de mateirais como o ferro galvanizado, ou o solo así como un estudo acerca das melloras na situación dalgúns xogos como columpios ou tobogáns. 

O alcalde explica que "as iniciativas relacionadas cos parques infantís servirá para mellorar as zonas de ocio do concello xa que Arteixo é un dos municipios con mái nenos de toda a área metropolitana, o que nos obriga a estar especialmente atentos a todo aquelo que teña que ver coa infancia”.