Pasar al contenido principal

Unha de cada seis persoas sofrirá un ictus ao longo da súa vida

¿Cómo actuar diante dun ictus? ¿Cómo detectalo? ¿Cales son as consecuencias? Estas e outras preguntas terán a súa resposta o próximo 23 de outubro. 

A Concellería de Servizos Sociais organiza, en colaboración coa Asociación do Dano Cerebral Adquirido de A Coruña (Adaceco), unha xornada informativa na que se pretende arroxar luz sobre unha cuestión que afecta a unha de cada seis persoas. 

O dano cerebral deriva, xeneralmente, nun cambio repentino do estado de consciencia o que ten unha gravidade e duración variables. O que sempre se produce é unha alteración das funcións cerebrais que poden causar perturbacións na vida cotiá, a nivel persoal, familiar, académico ou profesional.

O ICTUS é a primeira causa de discapacidade en España. 

A xornada informativa será o 23 de outubro, martes, ás 18.30 h no Centro de maiores de Baiuca